O calado das 300 escolas de indianos

O calado das 300 escolas de indianos

05 de Xullo, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Concienciaronse sobre a importancia da educación para desenvolverse con soltura no mercado de traballo e para o progreso da sociedade. O profesor da Universidade de Santiago Vicente Peña fala así dos emigrantes que a comezos do século XX se adicaron a promover a construcción de escolas nos seus lugares de orixe. O seu impulso logrou un proceso de renovación pedagóxica insólito e de gran calado.

A escola Curros Enriquez de Maniños, Fillos de Limodre, Concepción Arenal de Fene ou Unión Mugardesa de Instrucción son exemplos das máis de 300 escolas laicas, ou de indianos, construidas por toda Galicia. Seguramente a preparación coa que partían os emigrantes, era superior ao que se creía, segundo Vicente Peña. 

Algunhas desas escolas están derruidas, pero outras permanecen en funcionamento. Tamén hai as que foron reconvertidas en locais sociais, co cal manteñen dalgún xeito o seu obxectivo inicial.

Vicente Peña, dirixe o proxecto “As Escolas da Emigración” que quere inventariar, xeolocalizar e documentar o patrimonio educativo fundado polos emigrantes galegos en América desde finais do XIX e durante as primeiras décadas do século XX. O  Arquivo da Emigración Galega realizou o traballo, grazas a un convenio de colaboración entre o Consello da Cultura e a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. Na actualidade xa inventariaron un total de 113 centros nas provincias de Lugo e Ourense. Podese xa consultar unha ficha cos datos básicos de cada escola e fotografias historicas no portal de Internet aberto para o proxecto.

 

As escolas de indianos protagonizan esta xornada en Mugardos. As duas e media da tarde comezará no pavillón municipal un xantar de confraternidade. As cinco da tarde actuarán alí Xoan Rubia e o trío Siboney. Conmemórase así a inauguración da escola da Unión Mugardesa de Instrucción, un evento que tiña lugar o 2 de outubro de 1910, tal dia como hoxe hai 100 anos.

Cultura