O Camiño de Casanova - Fene- seguirá cunha única dirección

O Camiño de Casanova - Fene- seguirá cunha única dirección

07 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O tránsito polo camiño de Casanova en Fene seguirá como está na actualidade, cunha única dirección de baixada e co sinal de prohibido o paso na subida.  A Moción presentada polo BNG no último pleno, refrendada polos votos do PSOE e EU, non varía esa decisión adoptada hai uns meses polo goberno municipal. O acordo aprobado na ultima sesión plenaria ten que ver coa mellora dese tramo da Casanova e do Camiño ingl&eac

Exactamente a iniciativa propón textualmente os seguintes acordos:

1. O goberno municipal procederá á mellora na sinalización no Camiño da Casanova e do conxunto do Camiño de Santiago, tomando medidas que van dende a limpeza de beiras e cunetas, instalación de espellos, onde sexa     necesario, e incluso sinais de preferencia de paso que     melloren a permeabilidade da vía.
2. A medio prazo o goberno municipal xestionará a cesión de terreos para ir ensanchando o Camiño de Santiago en toda a sua traza dende o límite con Neda ate Vilar do Colo.
3. O Camiño de Santiago debe recoller un tratamento específico no PXOM que está en revisión de tal xeito que se favoreza o paso dos peóns ademais dun tratamento especial e diferenciado.

Escoitamos nesta nova a explicación do voceiro do BNG, Manuel Polo, ao remate do pleno celebrado o pasado xoves, e as aclaracións do alcalde de Fene, Gumarsindo galego, esta mesma mañán.

Sociedade