O Camiño fala Italiano

O Camiño inglés ao seu paso por Fene comeza a despuntar
11 de Xullo, 2019 - 12:03 h. | Publicada por Radio Fene

Fene empeza a ver a necesidade de contar cun albergue que asuma a pernocta dos camiñantes na localidade.

ESCOITA O PODCAST:

O Camiño Inglés a Compostela comeza a atraer á xente a Fene. Segundo nos comenta a responsable da caseta de turismo do concello, cada ano nótase máis o paso de pelegríns procedentes de Ferrol, pero semella que algo está a cambiar. Este verán, non só están de paso, moitos deciden parar e visitar os lugares máis representativos de Fene. Empezase a ver a necesidade de contar cun albergue que asumira a pernocta dos camiñantes na localidade.

Son pelegríns procedentes tanto de España como do extranxeiro. Como vemos o turismo en Fene está en auxe. Estes son algúns dos lugares que máis nos recomendan na oficina de Turismo. A oficina de turismo de Fene abre de martes a sábado de 9:00 a 13:30 e polas tardes de 17:00 a 20:00. Tamén os domingos de 15:00 a 20:00, así que non dubidedes en visitala.

Sociedade

Publica o teu comentario agora