O camiño inglés e a Casa do Concello

O camiño inglés e a Casa do Concello
17 de Decembro, 2019 - 11:27 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene fai un balance moi positivo do ano 2019. Afirma Galego que aprobar uns orzamentos e liberar ao concello de Fene da débeda bancaria foi o máis positivo do ano que acaba.

ESCOITA O PODCAST:
Casa do Concello de Fene

A corporación de Fene reúnese mañá en pleno extraordinario para debater as propostas de obras a incluir no POS da Deputación do 2020. O alcalde de Fene destacou que este ano o organismo provincial recortou as axudas en máis de 200 mil euros. Se o ano pasado deu 680.000, este a subvención queda en 460.000 euros, afirmou. Con eses cartos, Galego propón executar as obras en Gerardo Díaz, en pleno camiño inglés, tendo en conta que no 2021 ven o xacobeo. O inestimento acada os 232.000 €. A outra proposta é unha intervención na casa do concello de Fene na que se poría doble ventanal en todo o inmoble e se adaptarían os baños con accesibilidade a persoas con diferentes capacidades (cInvestimento de 199.000 €). Para o Plan complementario Fene reservaría o alcantarillado nas ruas Malvar e Muíños, amáis do saneamento en Cornido, o acondicionamento dunha área recreativa na praia de San Valentín e o remozamento nalgunha rúa deste barrio, como poñer doble circulación na rúa paralela á Avda do Mar onde se sitúan A Banca e a farmacia.

No espazo As Foxas, Gumersindo Galego, destacou o amplo programa de actividades de Nadal, convocando aos pequenos a disfrutar da pista de xeo natural que se instalará en Perlío en cuestión de dias, e aos maiores a acudir este venres 20 á actuación do coro Son Elas na igrexa parroquial de Magalofes ou ao festival municipal de Panxoliñas que este ano se celebra o sabado 21 na igrexa de Maniños.

Acaba o ano e Galego amosase satisfeito de ter cancelado a débeda co banco e ter o orzamento do 2019 completamente executado. Como desexo pendente está a posta en marcha do Punto limpo. Tamén lle preguntamos polo clima político e os movementos que está a facer a oposición para apartalo da alcaldía. Galego responde pedindo perdón de novo á cidadanía porque sabe que a súa recente condena foi a espita que provocou este movemento, e convidando á cidadanía a repasar o que fixo o PP no último ano e a comparalo co que fixo o BNG mentres gobernou, saíndo así ao paso das críticas dos grupos da oposición a que o goberno do PP é un caos.

O Nadal de Gumersindo Galego será familiar como todos os anos e desexou nas Foxas un Bo Nadal a toda a veciñanza.

Institucional

Publica o teu comentario agora