O campo dos Pinares, xa está aglomerado

O campo dos Pinares, xa está aglomerado

17 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

As obras do campo de cesped artificial nos Pinares de Perlío continuan  a bó ritmo. A empresa adxudicataria xa realizou o aglomerado da superficie e somentes queda a colocación do valado perimetral, paseos, bordillos e canaletas. Logo haberá que colocar xa a alfombra coa herba. Fontes da firma confirmaron esta mañá a Radiofusión as previsións de finalizar a obra no vindeiro mes de novembro.

Unha vez finalizada a colocación do césped, a empresa adxudicataria e o Concello de Fene terán que asinar a acta de recepción da obra, e o campo xa quedará listo para ser utilizado provisionalmente. O campo non se rematará totalmente ata que se instale a iluminación e se construian os novos vestiarios, pero esas fases deberán agardar ata o 2010. O Perlío terá que afrontar o handicap de utiizar a instalación sen alumeado artificial, dado que o existente houbo que retiralo para a obra e quedou xa inservible.

 

Sociedade