O Cantabria entra en Ferrol

O Cantabria entra en Ferrol

16 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Cantabria (A 15), buque de aprovisionamento de combate, entrou esta tarde no porto de Ferrol. Arredor das 18 horas atravesaba a zona situada entre os castelos de San Felipe e da Palma. O barco pertence á Armada Española, que o tuiliza para a subministración de combustible, víveres, munición e repostos ao resto da frota. Construido nos estaleiros de Puerto Real (Cádiz) entregouse á Marina no pasado mes de xullo.

O BAC Cantabria deseñouse para ser capaz de cumprir as seguintes misións:

    * Apoio loxístico operativo á Armada.
    * Apoio loxístico a unha Forza Expedicionaria en misións de Proxección Estratéxica, incluíndo o apoio á forza de Desembarco.
    * Transporte unha vez en terra.
    * Apoio loxístico a operacións non bélicas, entre as que se inclúen a axuda humanitaria e a protección ambiental.

O buque dispón de dobre casco en zona de almacenamento de combustible, cumprindo a lexislación vixente sobre contaminación mariña, aínda cando dita normativa é aplicable aos buques civís, pero non é obrigatoria para os militares. Así mesmo pode abastecer até tres buques á vez.

Este navío pode transportar tres helicópteros medios (AB-212) ou dous pesados (Sikorsky SH-3/NH-90) para realizar aprovisionamentos verticais e outras operacións.

Ademais, o buque conta cunha instalación hospitalaria completa cunha capacidade de dez camas, un quirófano totalmente equipado con instalación para a realización de telemedicina por videoconferencia, unha sala de raios X, consulta de dentista, laboratorio de esterilización, consulta médica e central de gases.

É un buque cunha alta capacidade en comunicacións e conta con diversos sistemas de Mando e Control(M&C) OTAN e Nacional, e é o primeiro buque en instalar a nova xeración de sistema de combate da Armada Española, SCOMBA.

Dispón de:

    * 4 estacións de aprovisionamento dobres (sólidos e líquidos) polo costado.
    * 1 estación de subministración de DFM por popa.
    * Abastecemento vertical (VERTREP).
    * Capacidade hospitalaria de 8 camas.
    * Medios de loita contra contaminación por verteduras de hidrocarburos.

Historial

Foi posto en grada no dique seco dos estaleiros de Puerto Real, Cádiz, o 18 de xullo de 2007, co que se convertía no primeiro buque fabricado nesta factoría para a Armada en máis de 30 anos, onde foi posto á boia o 21 de xullo 2008 amadrinado por Aurora Díaz Abella, esposa do presidente da comunidade autónoma de Cantabria, Miguel Angel Revilla.

Durante a primeira semana de outubro de 2009, comezou a realizar as súas probas de mar en augas da Baía de Cádiz, que finalizaron satisfactoriamente o 2 de decembro de 2009. Estas probas incluíron unha subministración de combustible á fragata Vitoria en navegación. O 26 de xullo de 2010 partiu desde porto real con destino á base naval de Rota, tal e como estaba previsto para realizar a cerimonia de entrega o 29 do mesmo mes presidida polo almirante xeral xefe de Estado Maior da Armada, Manuel Rebollo García, coa presenza, en calidade de invitados de honra, do presidente de Cantabria, Miguel Angel Revilla e a súa esposa Aurora Díaz.

Sociedade