O canto á creación de Naturalidade Silvestre

O canto á creación de Naturalidade Silvestre

09 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Un canto á creación”. Con esta frase resume o realizador ferrolano, Carlos Alberto Alonso o seu documental Naturalidade Silvestre: O Filme. A película conta a historia dos músicos vocacionais que patean as salas e percorren Galicia facendo bolos e non atopan un oco no panorama musical galego. A súa paixón, esforzo e calidade non conta fronte á potenciación de músicos de fóra sin ningún merecemento. O cantautor fen

A longametraxe xurde da colaboración do cineasta Alberto Alonso con Roger de Flor na elaboración da súa última maqueta e dos seus seguintes traballos. Tras a súa experiencia de rockeiro decatouse que as cousas non cambiaran no eido musical galego. Partindo do seguimento da xira do disco de Naturalidade Silvestre, Alonso crea esta cinta axudándose de entrevistas co propio Roger e con analistas musicais galegos como Nonito Pereira ou Belén Regueira. Asemade contribuiron a crear os bimbios deste proxecto escritores como Vicente Araguas e outros intérpretes como Magín Blanco ou o Marqués das Viñas. Diversas opinións que configuran un só discurso. 

 

Con susto recibiu a proposta o protagonista da película, Roger de Flor. “Parecíame desmesurado e ridículo xa que o grupo é un proxecto mincipiente que leva en funcionamento somentes tres anos”. O cantautor pop de Limode trocou de opinión cando soubo que terían cabida outros artistas coma él. “Son a excusa para dar a coñecer a nosa realidade e a de toda creación artística en Galicia”.

 

Naturalidade Silvestre preséntase o venres en Ferrol no Centro Cultural Torrente Ballester ás nove da noite. No pase da cidade departamental haberá sorpresas, con imaxes inéditas representativas das cousas esquecidas polos ferroláns e que deben ser valoradas. Tras a súa proxección haberá concerto de Roger de Flor e dos resto de cantantes incluídos no documental.

Cultura