O Caranza de Truji venceu e goleou ao Canido mentres que o Racing xuvenil gañou ao Pontevedra.

O Caranza de Truji venceu e goleou ao Canido mentres que o Racing xuvenil gañou ao Pontevedra.

27 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O conxunto do Galicia de Caranza que dirixe o entrenador "Truji" venceu e goleou ao Canido por 3 a 0 en partido xogado no campo de Caranza e adiantado á segunda xornada de liga na Terceira Autonómica de Ferrolterra. O resto da xornada disputase na xornada deste domingo. Mentres tanto o equipo do Racing xuvenil que adestra Stili logrou un novo triunfo na División de Honra de Xuvenís ao gañar ao conxunto do Pontevedra por 2 tantos a 0 en partido xogado no campo de

Nesta mesma categoría xuvenil o conxunto do Narón desprazouse ao campo de A Madalena en Vilalba para xogar frente ao Racing Vilalbés con vítoria do equipo da Terra Chá por 2 a 1. Pola súa banda o Galicia de Caranza tamén xuvenil venceu ao Viveiro por 2 a 1. Estes dous partidos corresponden á Liga Galega de Xuvenís. Polo que respecta á Liga Nacional de Xuvenís o conxunto de As Pontes perdeu no Poboado ante o Aguiño por 2 a 4. Pola súa banda, o conxunto cadete do Portuarios empatou a dous goles ante o Imperator de A Coruña en partido xogado onte pola tarde en Ferrol e correspondente á Liga Galega de Cadetes. Pola súa banda o Racing de Ferrol tamén empatou a cero goles ante o Orillamar de A Coruña en partido da mesma Liga. Polo que respecta á Liga Galega Infantil o conxunto do Caranza endosou "unha manita" ao Lalín na capital do Deza. O conxunto de Ferrol gañou por 2 a 5. Pola súa banda o Portuarios perdeu ante o Vitoria de A Coruña por 2 a 4, en partido tamén da Liga Galega Infantil.

Deportes