O Carvalho catedrático

O Carvalho catedrático
12 de Febreiro, 2021 - 02:13 h. | Publicada por Radio Fene

Martinho Montero achéganos ao Carvalho catedrático en 1972 e á redacción da primeira normativa do galego en 1979.

ESCOITA O PODCAST:

No ano 1972 Ricardo Carvalho Calero accede á cátedra de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago, a onde acude a diario desde a Carreira do Conde onde se instalou ao chegar á cidade do apóstolo. Nese momento o Galego estaba mal visto en xeral e o poder político, representado na facultade de Filoloxía – estamos aínda no franquismo- pon moitas dificultades. Digamos que na cúpula da Universidade non se prodigan en simpatías.

Que pasa? Que o rigor, a cortesía e o prestixio intelectual do profesor ferrolán foi gañando terreo. En 1974 Carvalho é convidado polo centro Galego de Bos Aires para impartir unhas conferencias na Arxentina e Uruguai. “Fixo esa viaxe con moita ilusión. Deu as conferencias que están publicadas e son moi interesantes” en palabras de Martinho Montero. Aló en terras arxentinas reviviu Carvalho a infancia e os últimos anos do seu amigo Castelao. Chegou a facer máis tarde unha segunda viaxe, convidado polo Círculo Reintegracionista.

En novembro de 1975 morre Franco. Carvalho recibe unha proposta para ser candidato nas primeiras eleccións democráticas, que el rexeita. No 1979 o goberno autónomo crea unha comisión para elaborar as normas lingüísticas que rexerían a partir de entón, entre outros organismos, na propia Xunta de Galicia. Carvalho Calero será nomeado presidente. Publícanse as normas que pronto serán derogadas e cambiadas por outras. Comezara o debate sobre o futuro da nosa lingua.

Cultura

Publica o teu comentario agora