O caso de Gustavo Gallego. Capítulo 2

O caso de Gustavo Gallego. Capítulo 2
02 de Xuño, 2020 - 12:26 h. | Publicada por Radio Fene

No capítulo primeiro o inspector Xosé Sánchez Pereiro investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nos arredores na praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000. Axiña descobre que un deles pode ser Gustavo Gallego, un curmán do comisario, que encomenda ao inspector a busca do seu familiar desaparecido. Cando comproba que está vivo, reconsidera por completo a súa investigación mentres vai lendo unha media novela escrita polo fuxitivo, que lle entregou a súa amiga Cristina Fandiño, onde se narran as vivencias de Gustavo durante a chamada Transición e onde Sánchez Pereiro aspira a atopar as claves que expliquen a verdadeira personalidade de Gustavo Gallego.

ESCOITA O PODCAST:

Conta con guión adaptado por Antonio Tizón a partir da súa novela “A antesala luminosa”. Actores e actrices do grupo de teatro A Tenencia de Caamouco puxeron as voces, baixo a dirección de Eugenia Sanmartín e coa dirección de son de Xabier Fernández. 

Cultura

Publica o teu comentario agora