O centro de día Afago bota a andar

O centro de día Afago bota a andar
19 de Novembro, 2019 - 10:30 h. | Publicada por Radio Fene

Xornada de portas abertas no centro de día Afago, na avenida Marqués de Figueroa, 39 en Perlío, Fene. As instalacións poderán visitarse este mércores de dez da mañá a unha do mediodía e de cinco a oito da tarde. Empezará a funcionar xa con normalidade o vindeiro luns. Aínda hai prazas vacantes. O terapeuta ocupacional Rubén Fontenla insiste na posibilidade de recuperación de persoas que non se visten ou non se bañan solas. En Afago realizaranse procesos de rehabilitación. A Xunta de Galicia realizou a inspección do local e deu a autorización definitiva para a apertura.

ESCOITA O PODCAST:
Rubén Fontenla, terapeuta ocupacional

Como na casa non se está en ningún sitio. Para atrasar ao máximo a entrada en residencias de persoas dependentes, xorden estas iniciativas. Fontenla impulsa o centro que abrirá no local que no seu dia ocupou a Pizzeria Trasgo. Adaptaron os servizos e pintaron un baixo de máis de catrocentos metros cadrados. En Afago realizarán procesos de rehabilitación para recuperar a autonomía. As persoas maiores permanecen cada vez máis tempo soas porque en moitas ocasións os familiares traballan. Os centros de día pretende facilitar novas redes sociais contra a soidade. E ao tempo constitúen un respiro en determinadas horas para as persoas coidadoras.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora