O certame de tapas aprázase ata setembro

O certame de tapas aprázase ata setembro
23 de Abril, 2019 - 07:14 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación de Hostalería, Comercio e Servizos O Cruceiro e Concello de Fene informaron esta mañá da súa decisión de aprazar ata o mes de setembro a nova edición do Concurso de Tapas de Fene, que inicialmente se ía desenvolver entre o 2 e o 12 de maio. Así, aínda que se dará a coñecer a nova data coa antelación necesaria, avanzaron que a intención é celebralo coa entrada do outono

Tapas presentadas ao certame de Fene

Eran oito os establecementos inscritos nesta edición, pero motivos organizativos levaron ao aprazamento do evento, segundo asegurou o concelleiro Juan José Franco.

Sociedade

Publica o teu comentario agora