O certame Quero Cantar vén no eco de Cantareliña

O certame Quero Cantar vén no eco de Cantareliña

19 de Xaneiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Ata o 15 de abril está aberto o prazo para presentar propostas ao concurso musical infantil “Quero Cantar”, convocado pola Deputación da Coruña, un certame que en certo modo recolle o espírito daquel festival pioneiro, Cantareliña, que nacera no ano 1983 no concello coruñés de San Sadurniño. As persoas interesadas en participar no “Quero Cantar

Unha vez rematado este prazo procederase a unha primeira votación pública a través do Facebook. As dez primeiras clasificadas pasarán a formar parte dun CD que se ha distribuír a colexios de toda Galicia  e que vai estar dispoñible tamén para libre descarga desde a páxina www.querocantar.gal.

De entre esas dez cancións, as cinco primeiras pasarán á gala final, que se vai celebrar no mes de maio no Teatro Colón da Coruña. Alí, un xurado formado por cinco nenas e nenos de educación primaria ha elixir a gañadora absoluta do Quero Cantar ’16. O premio para a primeira clasificada vai ser a gravación dun videoclip e 300 euros en material musical. A segunda clasificada recibirá 200 euros e a terceira, cuarta e quinta 100 euros cada unha, en todos os casos para destinar á compra de material musical.

O concurso, convocado pola área de normalización lingüística da que é responsábel a nacionalista Goretti Sanmartín, nace co espírito de incentivar a esa enorme cantidade de rapazas e rapaces que en toda Galicia alimentan a súa paixón pola música e se forman en escolas, bandas, coros ou asociacións.

Cultura