O CETAL visita o centro bilbaíno AZTI-Tecnalia para coñecer a súa experiencia no tratamento dos soros dos queixos

O CETAL visita o centro bilbaíno AZTI-Tecnalia para coñecer a súa experiencia no tratamento dos soros dos queixos

22 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Plan de viabilidade para a recollida, transformación e comercialización do soro nas queixerías galegas, que está a comezar a súa segunda fase, deu un novo paso coa visita da directora técnica do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), Mercedes Corral, ao Centro Tecnolóxico Bilbaíno AZTI-Tecnalia. A intención da institución lucense era coñecer as instalacións e os traballos deste organismo b

Corral, que estivo acompañada tamén pola directora técnica do Centro Nacional de Competencia Tecnológica de la Leche de Asturias (CNCT-LECHE), Celina Quirós; asegurou que o que se perseguía neste encontro era “o achegamento entre os dous centros, que teñen obxectivos comúns, para traballar conxuntamente e así procurar o avance de todo o Estado neste eido, e inclusive a nivel internacional”.

 

 

AZTI-Tecnalia é un Centro Tecnolóxico experto en investigación mariña e alimentaria. A fundación vasca ten un obxectivo claro: o desenvolvemento social e a mellora da competitividade nos seus sectores de actuación, que son o mar e os alimentos. A investigación e  a innovación tecnolóxica son os seus piares básicos para poder acadar esta meta.

 

“Debemos aprender das experiencias de centros coma este, que levan tantos anos traballando no campo agroalimentario, para así aplicar os coñecementos e tecnoloxías existentes e aprendidos por eles para aumentar a produtividade e a competitividade en outras comunidades coma Galicia, por exemplo”, explicou Mercedes Corral.

Sociedade