O chulo de praia e a bañista

Xogar ao teatro con Superarte
28 de Setembro, 2018 - 11:22 h. | Publicada por Radio Fene

Unha bañista que non sabe nadar pide socorro no mar. Un chulo de praia acude ao seu rescate, mentras outros chaman á ambulancia. Ese é o argumento dunha das improvisacións preparadas o curso pasado no obradoiro Superarte. Queren xogar ao teatro e aplicar técnicas de expresividade, comunicación, relaxación e de manexo do corpo para a vida diaria. Catuxa García dirixiu o obradoiro coa xente de ASPANEPS e agora van comezar unha nova andaina. A cita será todos os mércores de 4,45 a 6 da tarde no Círculo de Perlío. Comezarán o tres de outubro cunha clase aberta a todas as persoas interesadas.

ESCOITA O PODCAST:
Henrique Sanfiz con Ramiro Sanjiao, Catuxa García e Sheila Malde

Unha bañista que non sabe nadar pide socorro no mar. Un chulo de praia acude ao seu rescate, mentras outros chaman á ambulancia. Ese é o argumento dunha das improvisacións preparadas o curso pasado no obradoiro Superarte. Queren xogar ao teatro e aplicar técnicas de expresividade, comunicación, relaxación e de manexo do corpo para a vida diaria.
Catuxa García dirixiu o obradoiro coa xente de ASPANEPS (Asociación de Pais e Nais de Nenos con Problemas Psicosociais) e agora van comezar unha nova andaina. A cita será todos os mércores de 4,45 a 6 da tarde no Círculo de Perlío. Comezarán o tres de outubro cunha clase aberta a todas as persoas interesadas.

Cultura

Publica o teu comentario agora