O cine fala de novo

O cine fala de novo

16 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O catálogo da mostra fotográfica “Adriano, sesión contínua” xa está editado. A Deputación da Coruña sacouno do prelo esta semana e se presentará na Casa da Cultura de Fene o venres dezaseis de outubro ás sete e media da tarde. A publicación inclúe un resumo dos 17 traballos do proxecto, organizado polo colectivo Lumen.

Tralo acto de presentación do catálogo o mesmo 16 de outubro pero no propio cine de Barallobre, presentarase unha nova asociación, nacida para culminar o obxectivo de “Adriano, sesión contínua”. Segundo a fotógrafa, Marta Barros, é unha consecuencia do proxecto que pelexará para que o edificio se recupere no futuro.

Co proxecto fotográfico “Adriano, sesión contínua” o colectivo Lumen recuperou a dignidade do cine de Barallobre,  segundo escribe no catálogo, a fotógrafa Rocío Brage. "As lembranzas da poboación arredor deste cine de Barallobre son  moi interesantes. Con esas historias, o cine volve a falar e a brillar" segundo afirma a fotógrafa.

Sociedade