O cine para os oídos de Rodrigo Leão, no Jofre de Ferrol

O cine para os oídos de Rodrigo Leão, no Jofre de Ferrol

03 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

No “Cinema” do músico luso houbo estrelas convidadas como a poderosa Beth Gibbons, a voz de Portishead, a delicada Rosa Passos, a sensual Sónia Tavares ou a doce Helena Noguerra. Tamén lle axudou o xaponés Ryuichi Sakamoto a manexar o axóuxere musical para acompañar as primeiras verbas de “Antonio”, o fillo de Leão.

Foron as voces que tomaron o relevo de Teresa Salgueiro, a cantante para a música que Rodrigo Leão compuxo na súa etapa á fronte de Madredeus. Antes, remexera a conciencia musical da faixa atlántica dende os eclécticos Sétima Legião. Agora, Leão fai para os sons de Portugal o que Yann Tiersen logra cos da Bretaña: actualizalos, sintetizalos e facelos tan emotivos como o clímax dun bo melodrama.

Cultura