O Club de futbol do Perlío pedíu ao pleno de Fene axilidade nas obras dos Pinares

O Club de futbol do Perlío pedíu ao pleno de Fene axilidade nas obras dos Pinares

05 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Todos os grupos politicos da corporación amosaron o seu apoio incondicional aos dous traballadores que se atopan no limbo laboral despois de traballar 34 anos no estaleiro fenés. O pleno insta a Navantia e á Sepi que sexan reincorporados a Navantia Fene ou á sua empresa de orixa, Montaxes Cabral.

Veciños de Barallobre protestas polas incomodidades que producen a boliñas que desprenden os chopos do parque da ribeira de Barallobre. Os científicos dín que non son alérxicas pero os veciños non están dacordo. O pleno nons e puxo dacordo na sua tala ou na sua progresiva sustitución por outros exemplares menos molestos.

 

En relacion co furado aberto na canle do rio Cádavo despois do temporal Klaus, o PP esixiu o seu peche, mentras que o alcalde agarda que o reciba o novo titular de medioambiente para demandar axudas a fin de destapar o río neste tramo e evitar que se reproduzan os anegamentos na zona. De non solucionarse pronto, os socialistas acordaron vovler a pechar o rio.

Directivos e xogadores do Club de fultol do Perlio manifestaron no pleno a sua preocupación polo retraso nas obras de colocación da herba artificial no campo dos Pinares. Queren que as obras se executen de inmediato para non entorpecer despois o inicio da pretemporada da liga. Dende a alcaldía informouselles que esta mañán se reunía, como así foi, a mesa de contratación para comprobar que as ofertas presentadas por doce empresas son correctas. O xoves da semana que ven volverase a reunir para comprobar que se correxiron os erros das propostas e pasado o tempo  estipulado legalmente para posibles alegacións, xa pode reunirse a mesa  a fín de abrir as ofertas e adxudicar as obras á oferta máis ventaxosa economicamente. Tras un novo prazo de reclamacións e asinado o contrato a empresa deberá empezar as obras cuxo prazo de execución será de dous meses e o custe de 500 mil euros. Paralelamente o concello xestiona axudas coa Deputacion da Coruña para acometer a construcción duns novos vestiarios nos Pinares que suporán uns 200 mil euros máis.

O presidente da AVV de Perlío, Carlos Fernández, interveu ao remate da sesión para reclamar numerosas melloras na parroquia que teñen que ver co regulamento do tráfico, co feirón ou coa deficiente iluminación.

O PP prantexou tamén un problema de aumento de actos vandálicos no concello nos ultimos meses, que o edil de seguridade recoñeceu e emprazou a unha xuntanza da xunta de seguridade que se celebrará nos proximos dias. Por unanimidade aprobouse unha mocion do Bloque sobre o sector lácteo e tamén por unanimidade aprobouse a ampliación a xornada completa de catro traballadoras da limpeza municipal unha iniciativa que, a instancias do BNG, se ampliará progresivamente ás demais traballadoras da plantilla

Sociedade