O Club de Lectura arrinca con A cabeza da medusa

O Club de Lectura arrinca con A cabeza da medusa

05 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A novela A Cabeza da Medusa de Marilar Aleixandre sirve para iniciar o Club de Lectura de Allariz, posto en marcha desde a biblioteca social. A iniciativa presentaráse de xeito público este sábado 7 de marzo ás seis da tarde na Biblioteca Social ubicada na Rúa Fonteiriña.

Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza.

Cultura