O Club de Loita de Vilalba gaña o Galego Cadete de loita e remata segundo en Sénior

O Club de Loita de Vilalba gaña o Galego Cadete de loita e remata segundo en Sénior

16 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A competición comezou na mañá do sábado cos cadetes (entre 14 e 16 anos). O primeiro posto do Club de Loita Vilalba acadouse, nas disciplinas de Libre Olímpica e Grecorromana, polas actuacións de Sergio Carracelas, que foi 2º en menos de 54 kg en LO e GR, Emil Emilov, 1º en menos de 59 kg en LO e GR, Bruno Carracelas, 2º en menos de 63 kg en LO e GR e Kadrín Emilov, 1º en LO e 2º en GR en menos de 69 kg.

Xa pola tarde tiveron lugar os enfrontamentos dos Sénior (maiores de 19 anos). As baixas da últimas semanas mermaron a participación do club Vilalbés, pero non bastou para sacalos do podio, posto que conseguiron subir ao segundo escalón tanto en Libre Olímpica como Grecorromana, soamente superado polo numeroso equipo de Vila de Cruces.

 

José Cuba fíxose co primeiro posto en menos de 120 quilos en Libre Olímpica. Categoría onde tamén gañou José Luis Puentes, esta vez en menos de 84 quilos, onde conseguiu impoñerse de entre os 4 Campións de España que participaban na categoría. Moi destacable foi a actuación de Marcos Carral, que finalizou a súa participación cun segundo posto en menos de 66 quilos en grecorromana, e Marcos Miragalla, que fixo prata en menos de 96 kg.

 

Entre a participación luguesa tamén hai que resaltar o primeiro posto acadado en menos de 60 quilos por Clemente Alves, do Club Lugo, xa que é a primeiro ouro da categoría sénior que chega para o club lucense, dando fe do bo traballo realizado por Pablo Pintos.

Deportes