O CMI de Fene organiza para novembro as súas xornadas culturais ao redor do Premio Pérez Parallé

O CMI de Fene organiza para novembro as súas xornadas culturais ao redor do Premio Pérez Parallé

30 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A piques de rematar o prazo de presentación de orixinais, o Círculo Mercantil de Fene recibiu a estas alturas vinteún poemarios que optan ao XXII Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé. A cifra, de tódolos xeitos, podería incrementarse lixeiramente nos vindeiros días. Nunha entrevista en Radiofusión, o presidente da entidade, Xosé Manuel Romero, asegurou que os aspirantes poden entregar aínd

Aínda que o programa non está pechado, o presidente do Casino de Fene avanzou esta mañá algunhas das actividades que xa están organizando, como un concerto de folk, unha actuación da Rondalla Estrelecer ou a presentación dun libro sobre o segrel do Penedo, editado por unha asociación de Betanzos. Esa mesma fin de semana entregarase o premio ao gañador ou gañadora.

Satisfeito pola evolución do certame nestes últimos anos, Xosé Manuel Romero asegura que o Pérez Parallé "acadou unha extensión que non tiña", ademais de que "está axudando a que se coñeza a figura do poeta".

O Premio Nacional de Poesía está convocado polo Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene, en colaboración co Concello e a editorial Espiral Maior. Convócase co obxectivo de colaborar na promoción de novas voces, polo que é requisito para participar non ter publicado ningún libro individual de poesía. Porén, admítense traballos presentados por persoas que publicaran previamente algún libro en edición de autor.

Na súa última edición, a gañadora do concurso foi Susana Sánchez Aríns, cun poemario titulado DE CONSTRUÇOM

Sociedade