O Colectivo Buril reedita a revista O Trasno en Burela

O Colectivo Buril reedita a revista O Trasno en Burela

28 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O Colectivo Cultural Buril ven de editar unha versión en facsímile da revista O Trasno, que será presentada publicamente o próximo sábado 30 de abril, às 20:00 horas no auditorio da casa da cultura de Burela. O Trasno foi unha publicación de trascendencia na comarca da Mariña nos anos 80 e ata o 90.

O Trasno foi  unha publicación do Buril de ámbito local e comarcal que con periodicidade bimensal saiu à rua entre Novembro de 1985 e Maio de 1990. Esta revista foi posibel grazas a un importante grupo de persoas, que dentro do colectivo Buril constituiron un grupo de traballo para a sua elaboración e que desenvolverom todas as partes do trabalho precisas para que fose unha realidade: redigir, maquetar, financiar, distribuir... Nas suas páxinas podemos encontrar información sobre a actualidade cultural, política e socio-económica do momento en Burela e outros lugares do Concello de Cervo e da Mariña. Tamén teñen especial importancia os temas relacionados coa lingua, a historia, o medio ambiente e territorio. O Trasno, en definitiva, constitue un documento imprescindble para o coñecimento da historia recente da comarca.

O colectivo Buril quixo recuperar esta publicación pola sús significancia e imporancia para o pobo de Burela e porque serve como retrato dunha época e unha forma de vida daquel momeno na comarca da Mariña lucense.

Esta edición fac-símile de 'O Trasno' sairá en formato libro, en dous tomos con caixa. Estará à venda nas librarias para aquelas persoas que queiran adquiri-lo. Serán entreguados varios exemplares na biblioteca pública municipal e nos centros de ensino de Burela. Tamén se poderá consultar a revista en formato de fácil lectura na internet.  De momento xa están dispoñibles os cinco primeiros números na dirección http://issuu.com/ccburil

No acto, de presentación intervirán membros e colaboradores da revista 'O Trasno' ademais da Coral Polifónica de Burela e a Banda de Música de Burela. Ademais vaise estrear a peza Requiem?, composta especialmente por Hernán Naval para o último número da revista e que se vai escoitra por primeira vez tamén como unha pequena homenaxe ó músico e activista cultural no décimo aniversario da súa morte. 

Cultura