O Colectivo Cultural Buril organiza as I Xornadas de Historia Local de Burela

O Colectivo Cultural Buril organiza as I Xornadas de Historia Local de Burela

08 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O Coletivo Cultural Buril organiza as I Xornadas de Historia Local de Burela, que se desenvolverán entre o 9 e 11 de Agosto. As actividades que se levarán a cabo serán fundamentalmente palestras divulgativas sobre distintas temáticas, e terán lugar todas elas às 20:30 na Sala de Conferencias (Antiga Biblioteca) da localidade. Tamén se realizará un roteiro pola Vila do Médio e Vilar o dia 11, con saída às 16h30 da igrexa da Vila do

Estas xornadas que botan a andar por primeira vez en Burela neste ano 2011, pretenden recuperar e por en valor etapas, feitos e persoas destacadas da historia da vila mariñá, coa intención de poder comprender as pezas chave que contribuiron à configuración do devir do concello a través dos anos. Entenden dende o Colectivo  Buril que non hai pobos sen historia, mais para que os acontecementos que  precederon poidan ser coñecidos, estudados e analizados é preciso recollelos, compilalos e escribilos. É por iso que o Buril quere contribuir a ampliar os estudos de carácter historico que outros e outras xá fixeron sobre Burela.
As xornadas non estám dirixidas exclusivamente a estudiosos e estudiosas especializadas. Atenden a un enfoque principalmente didáctico para que sexam acessíveis ao público en xeral e a todos os veciños de Burela, pois eles e elas son suxeitos activos no propio proceso de desenvolvemento histórico.
O martes dia 9, darán comezo as xornadas con unha palestra sobre unha das estapas mais cruciais na história da Galiza. Xoán Ramón Fernández Pacios falará sobre a Burela da Idade Media, centrandose na figura de D. Pedro de Bolanho, personaxe fundamental no litíxio  Pardo de Cela cos Reis Católicos.
O mércores dia 10, será o día do achegamento a unha persoa de importancia no desenvolvemento económico e educativo na Burela do século XX. Bernardo Penabade Rei, achegaranos a José Antonio Lestao (1893-1974), presidente do Pósito de Pescadores de Burela durante vários anos e home de profunda vocación humanista que desenvolveu un papel importante no campo educativo en Burela.
O xoves dia 11, conclúen as xornadas con unha visita à Vila do Médio e Vilar, para dar a coñecer a abundancia de nomes de lugar que existen nestes dous espazos da Burela histórica. No roteiro farán de guias os veciños e veciñas máis maiores destes lugares, pois eles son os que mellor conservan este aspecto tam importante do patrimonio. A seguir a esta visita, Xosé Lois Vilar Pedreira dará unha palestra sobre o traballo de campo desenvolvido na costa sur da Galiza que deu como resultado o libro 'Talasonimia da costa sur de Galicia'. Vilar comentará os aspectos fundamentais neste tipo de traballos sobre a micro-toponímia e ilustrarao con  exemplos concretos que poderá n servir de modelo para futuros traballos deste tipo en Burela.

Sociedade