O colexio máis espacioso do mundo

O colexio máis espacioso do mundo
09 de Xuño, 2020 - 10:03 h. | Publicada por Radio Fene

O espazo é un valor engadido despois do coronavirus. O colexio Os Casais de Maniños ten a gran sorte de poder separar aos seus 50 alumnos e alumnas canto quera.

ESCOITA O PODCAST:

O Colexio Os Casais de Maniños (Fene) despide este accidentado curso escolar cun dinámico vídeo que colgaron nas redes con moito éxito. A disculpa foi o Día Mundial do Medioambiente, porque despois de traballar duro durante o curso antes do Covid19, había que remátalo. Toda a aprendizaxe teórica e práctica das aulas sobre a reciclaxe acaba cun vídeo "Miña terra" no que mestres e alumnado cantan e bailan en diferentes lugares naturais, ao ar libre ao ritmo da música de Uxía Lambona "Verdescente".

Traballan xa, a unha semana do fin de curso, noutras gravacións de despedida dos diferentes cursos, o máis especial será o da despedida do alumnado de sexto curso que abandona o centro escolar. "Magoa temos de non poder decirlles adeus como se merecen" declara a directora do centro, Lorena Pita. Os Casais é un centro cunhas instalación ideais contra o Covid19 porque, se algo teñen, é espacio dabondo para acoplarse ás novas normas de distaciamento social. Despois do periodo de matrícula, entrarán cinco novos alumnos no próximo curso.

Quedan como estaban con 50 alumnos e alumnas en total. Poucos centros hai con tanto espazo e cun bosque que os rodea ao que queren sacar partido no curso 2020-2021. “Usaremos moito máis ese bosque” afirma a directora Lorena Pita “Estamoslle dando á cabeza pensando en novas actividades no exterior”.

 

 

(Na imaxe, Lorena Pita, primeira pola esquerda)

Cultura

Publica o teu comentario agora