O comercio retoma o Outlet en marzo

O comercio retoma o Outlet en marzo
25 de Febreiro, 2021 - 11:42 h. | Publicada por Radio Fene

Fene retoma o Outlet na primeira fin de semana de marzo, venres, sábado e domingo, 5, 6 e 7 de marzo.

ESCOITA O PODCAST:

Os comercios permanecerán abertos eses dias con globos nas portas e prezos moi especiais na súa oferta. Ata mañá venres non se coñecerá o número de participantes. A Asociación de comercio e hostalería de Fene “O Cruceiro” repartirá 1000€ en rifas que se entregarán aos clientes en cada compra, ademais dunha cesta chea de produtos das tentas participantes, valorada nuns 500€. Esa fin de semana, a música na rúa animará o Outlet fenés, con catro DJs ubicados desde o cruce de Fene ao longo de toda a Avenida Marqués de Figueroa.

A concelleira responsable de Promoción Económica e Turismo, Ana Basoa, explicou que nesta ocasión non se colocarán as carpas diante dos comercios por razóns de seguridade, para que non se agolpe a xente nelas. Como é lóxico, respectaranse as medidas de seguridade sanitarias con aforos limitados, xeles e recomendacións que eviten tocar moito as prendas.

O concello de Fene ultima a concesión de axudas ao comercio e a pequenos autónomos. Licitaranse mañá 26 de febreiro. Rexistráronse un total de 168 solicitudes, das que 91 entrarán na concesión e 19 quedarían na lista de agarda, pero Ana Basoa explicou que se se remata a contía da subvención, o concello procurará que todo o mundo reciba a súa axuda. Anunciou que a Cámara de comercio concedeu a Fene unha subvención cifrada en 49. 666€ destinada a axudar á venda do comercio online, á que poden anotarse os comercios que se ateñan a esta modalidade, que estará operativa desde o 30 de xuño.

Como responsable de Turismo, Basoa tamén anunciou que están traballando coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia en novas liñas de promoción do Camiño Inglés. Fene participará coa aportación de debuxos de recoñecidos artistas gráficos da comarca.

Institucional

Publica o teu comentario agora