O comercio vístese de violeta

Fene violeta é unha campaña pola igualdade
26 de Novembro, 2020 - 08:59 h. | Publicada por Radio Fene

60 establecementos sumáronse á campaña "Fene tece igualdade - Fene violeta".

A Concellaría de Benestar e Igualdade de Fene lanzou hai varias semanas a iniciativa "Fene tece igualdade - Fene violeta" para que os negocios do municipio expresen o seu compromiso coa igualdade e en contra da violencia machista. Á idea sumáronse arredor de 60 establecementos e foron varios os que onte, nun día en que a mensaxe cobra especial relevancia, nos enviaron fotos do distintivo da campaña colocado nos seus escaparates. Amais de lucir o lema, todos estes negocios asumen a aplicación práctica de varias medidas no trato diario coa súa clientela, como por exemplo o uso dunha linguaxe inclusiva en toda a información; a transmisión dunha imaxe igualitaria, plural e non estereotipada de mulleres e homes; non reproducir imaxes ou contidos sexistas que minusvaloren ou menosprecen ás mulleres e rexeitar as violencias por medio da posta en marcha de accións de prevención e denuncia.

 

(Na imaxe, o comercio Mismores na Avenida do Concello de Fene)

Institucional

Publica o teu comentario agora