O Comité Antisida desconfía da restrición dos xenéricos planeada pola Xunta

O Comité Antisida desconfía da restrición dos xenéricos planeada pola Xunta

01 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Unha cuarta parte dos arredor de 8.000 portadores do virus da inmunodeficiencia humana en Galicia está “sen diagnosticar”. Durante o pasado ano, confirmáronse 187 casos de portadores do VIH e 67 casos de SIDA na nosa comunidade. Cada 1 de decembro conmemórase o Día Mundial de Loita contra a Síndrome, data que colectivos como o Comité Cidadán Galego Antisida aproveitan para evitar que a sociedade baixe a garda fronte a doenza. A coordinadora do Com

O Comité Cidadán Antisida ve con preocupación os plans da Xunta de restrinxir o catálogo de medicamentos xenéricos. A medida anunciada a prol do aforro no gasto farmacéutico pode ter efectos nocivos na adherencia ao tratamento dos contaxiados polo VIH, aseguran. A eliminación de certos fármacos podería supor que algúns pacientes tivesen que pasar de consumir unha a varias pastillas e o Comité reclama garantías sobre a equivalencia na composición das diferentes menciñas.

Sociedade