O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, na crista da onda en transplante de riles

O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, na crista da onda en transplante de riles

18 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Só hai dous hospitais no Estado Español que realicen o proceso para quitar os anticorpos de persoas que van recibir un transplante de ril. Un deles é o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, segundo o nefrólogo Constantino Fernández Rivera. O proceso permite reducir a incidencia de rexeitamento.

O CHUAC é o cuarto hospital en volume de transplantes, competindo con outros centros con máis posibilidades. En 2013 realizaron na Coruña, 109 transplantes, moitos deles de doantes vivos. Segundo o doutor Fernández, están ben estudadas as consecuencias positivas da doazón para a persoa doante. “A calidade de vida é mellor que a maioría da poboación, con menor incidencia da obesidade, hipertensión e unha maior estabilidade psíquica”.

Sociedade