O Concello acondiciona o camiño de Piñeiro Manso

O Concello acondiciona o camiño de Piñeiro Manso
23 de Agosto, 2019 - 01:38 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde, Gumersindo Galego, sinala que a intervención, executada con cargo ao superávit municipal, precisou dun investimento de 21.866 euros.

Fene, 23 de agosto de 2019. O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá do remate das obras de acondicionamento do camiño de Piñeiro Manso, na parroquia de Maniños, tras un investimento municipal de 21.866,39 euros procedentes do superávit municipal.

Os traballos estendéronse ao longo de 342 metros dende a estrada AC-133 ata o cruce coa estrada da Ribeira, e contemplaron o rebacheo do vial, a súa pavimentación e sinalización.

Institucional

Publica o teu comentario agora