O Concello de Allariz agradece á organización e aos veciños o bo ambiente da Festa do Boi

O Concello de Allariz agradece á organización e aos veciños o bo ambiente da Festa do Boi

18 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A Asociación Cultural Xan de Arzúa, organizadora da Festa do Boi, recibiu os parabéns da alcaldía pola organización deste evento festivo, convertido nun referente ao que cada vez acoden máis visitantes para gozar dos nove días de festa. O consistorio alaricano estendeu tamén as felicitacións aos veciños e veciñas, agardando que o éxit

Son os veciños e veciñas de Allariz, coa súa achega, quen financian, fundamentalmente, esta festa. Por este motivo, a organización prepara todos os anos unha cea popular no campo da Barreira. O pasado xoves acudían a esta cea máis de 2.500 persoas para as que se serviron ao redor de 500 quilos de carne ao caldeiro e 400 de patacas cocidas. Ao remate da cea popular, mozos e maiores continuaron a festa demostrando unha vez máis a boa convivencia interxeracional que se dá nestas festas.

O día histórico no que se lembra a primeira procesión de Xan de Arzúa é un bo exemplo desta convivencia entre distintas xeracións. Nela participa a veciñanza organizada en gremios que actúan na teatralización desta primeira festa, e baixo a dirección de José Luís Quintana séntense protagonistas por un día actuando na procesión.

A festa para os mais cativos tamén contou coa participación de numerosos nenos e nesas que dende pequeniños viven a festa co mesmo entusiasmo que os maiores. A diferencia de que as súas carreiras teñen como protagonista a un boi de xoguete, aínda que de tamaño real, que realiza o mesmo percorrido polas rúas do casco, como si se tratara do “boi dos maiores”. Tamén para os nenos houbo merenda infantil para que eles puidesen gozar da súa xuntanza particular.

A afluencia a festa foi masiva durante os noves días destacando o pasado venres, sábado e domingo. A Policía Local do Concello de Allariz destaca a ausencia de incidentes graves tanto nas carreiras durante a semana como nos días de maior afluencia. A totalidade dos feridos resultan de carácter leve.

O equipo completo da concellería de Medio Ambiente e o grupo grumir, traballou de xeito excepcional na recollida de lixo e limpeza das rúas. Fixéronse quendas especiais durante os días de maior afluencia, nos que se traballaba dende as catro da madrugada para que as rúas estivesen en perfectas condicións para as carreiras do boi da mañá e para a procesión relixiosa do domingo.

 

Institucional