O Concello de Arzúa ultima os preparativos da Feira de Capóns e da Galiña Piñeira

O Concello de Arzúa ultima os preparativos da Feira de Capóns e da Galiña Piñeira

03 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O Concello de Arzúa ten previsto organizar unha nova edición da súa tradicional Feira de Capóns de Nadal e promoción da Galiña Piñeira que se celebrará o vindeiro día 22 de decembro, coincidindo cun dos días tradicionais de feira. A Feira de Capóns de Arzúa celébrase no municipio dende tempos inmemoriais, se ben nos últi

Cóntanse por ducias o número de produtores que cada 22 de decembro se presenta no Recinto Feiral Terra do Queixo de Arzúa para expoñer os mellores exemplares de capóns cebados e galos vivos que levan meses criando de xeito tradicional nas súas casas. Son veciños e veciñas de Arzúa e tamén de concellos limítrofes que venden os exemplares sempre garantido a mellor calidade e o maior coidado.

Dende o Concello de Arzúa, o goberno municipal está poñendo todo o seu empeño en promocionar a feira e animar aos produtores á acudir á feira coa finalidade de revalorizar un produto que custa moito traballo conseguir e que require de meses de crianza. O Concelleiro de Promoción Económica de Arzúa, Xosé León, salientou que o importante é que “os veciños que acuden á feira consigan ver recompensado o seu esforzo de xeito que a venda de capóns resulte unha actividade rendible e que siga contribuíndo á dinamización económica da comarca”.

Ao igual que veu sucedendo nos últimos anos, ademais dos tradicionais capóns cebados, o goberno municipal ten solicitada autorización para que poidan acudir á feira do día 22 de decembro exemplares de galos e capóns vivos; trátase, sen embargo, dun permiso puntual que non poderá ser extensible ao resto dos días de feira.

No recinto tamén estarán presentes exemplares de galos e galiñas piñeiras, que serán expostos ao público para que se poidan contemplar a beleza dunha raza propia do noso país que se atopa en pleno proces

Sociedade