O Concello de Boiro iza as bandeiras azuis e “Q” de calidade nas praias

O Concello de Boiro iza as bandeiras azuis e “Q” de calidade nas praias

07 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, e a Concelleira de Turismo, Francisca Suárez Lijó, acompañados doutros membros do goberno, realizará mañá xoves, á unha do mediodía na praia de Mañóns, o acto de izado das bandeiras azuis e “Q” de calidade. Boiro conta con cinco bandeiras azuis e tres coa “Q” de Calidade. O Comité de Seguimento do Instituto para la Calidad Turística Español

Respecto desta última bandeira, a concedida a un dos tramos da praia de Barraña (Saltiño – Barraña – Esquerda; a parte de Saltiño cara a Cabo de Cruz), informar que o goberno de Boiro acordou non izala con motivo das molestias que causan as obras de substitución do saneamento que está a levar a cabo Augas de Galicia. O executivo quere deixar claro que as obras non afectan ao areal e en absoluto interfiren na calidade das augas, a area ou os servizos que se prestan, pero si hai outras molestias como ruídos ou polvo que, cremos, deteriorarían a imaxe da Bandeira Azul de ser colocada, polo que entendemos que é más coherente colocar o distintivo o vindeiro verán, pois estamos seguros de que seremos merecedores, unha vez máis, desta distinción. Esta decisión do goberno foi comunicada oficialmente a Adeac, quen informou favorablemente e comprendeu dita decisión municipal.

Por outra banda, o Concello de Boiro quere destacar que todos os socorristas que prestan os seus servizos nas praias do municipio están en posesión do título de socorrista, ademais de ter superadas as probas físicas que estipula a lei, pois así o marcan tanto as directrices de Q de Calidade como as de Bandeira Azul.

Sociedade