O Concello de Fene implica aos veciños e veciñas na elaboración do seu II Plan de Igualdade

O Concello de Fene implica aos veciños e veciñas na elaboración do seu II Plan de Igualdade

23 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Mellorar a situación das mulleres en todos os eidos da súa vida ademais de contribuír a reducir as desigualdades entre mulleres e homes no termo municipal", son os principais obxectivos do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Fene.

Dentro do proceso de elaboración deste segundo PIOMH, a Delegación da Muller dos Servizos Sociais de Fene organiza unha serie de xuntanzas e mesas redondas para recoller as  opinións e achegas dos veciños/as en relación coa situación das mulleres e homes do concello. Para esta mesma tarde anúnciase unha charla sobre "Empoderamento: participación pólítica e social. Cultura, lecer e Deporte".

O programa de encontros concluirá mañá, xoves, con dúas mesas nas que se falará sobre "Saúde, sexualidade, calidade de vida, atención á diversidade e inclusión social" e, para concluir, sobre "Violencia de Xénero". Todas as xuntanzas celebraranse na Casa da Cultura de Fene ás 19 h.

Institucional