O Concello de Ferrol aumenta a subvención ás Oblatas

O Concello de Ferrol aumenta a subvención ás Oblatas

01 de Xaneiro, 2008 - 12:00 h. | Publicada por

O Concello de Ferrol aumenta a 10.000 euros a súa subvención ás irmás Oblatas. O convenio anterior databa de 2010 e estaba dotado con 3.000 euros. As Irmáns Oblatas tamén recibiron 37.000 euros da Xunta de Galicia, tras a asinatura dun convenio o 3 de maio do 2013.

A representante das Irmás Oblatas Rosario Etcheverría, agradeceu o apoio do Concello de Ferrol posto que lles permitirá “actualizar a formación e seguir axudando ás mulleres con menos posibilidades económicas, sociais e culturais na súa plena integración”. Etcheverría puntualizou ademais que esta subida permitirá ao centro pór en marcha un curso específico sobre atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Esta actuación estaría dirixida a mulleres que exercen a prostitución ou se atopan en risco de exclusión social. O centro das Oblatas atendeu durante 2011 en Ferrol a case medio milleiro de mulleres na súa maioría vinculadas a situacións de trata de brancas con fins de explotación sexual e prostitución. Deste grupo, case o 90% foron inmigrantes, destacando por número o colectivo procedente de Brasil. O Centro funciona na Rúa Espartero, 51 de Ferrol.

Sociedade