O Concello solicita beirarrúas para a N-555 entre a rotonda de Vilavella e San Estevo de Negros

O Concello solicita beirarrúas para a N-555 entre a rotonda de Vilavella e San Estevo de Negros

24 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O departamento de Manuel Iglesias pon de manifesto na súa petición, que esta é unha infraestructura fundamental xa que neste tramo da vía conviven un importante fluxo de vehículos que empregan esta estrada para  acceder a varias parroquias redondeláns así como ao aeroporto de Peinador, cun importante tránsito de persoas que se desprazan entre os barrios de Fortóns e Eirapedriña, que contan con cincocentos habitantes.

 

Ademais esta estrada tamén soporta un importante fluxo de vehículos pesados debido aos dous almacéns que están situados nesta zona e as obras do túnel do tren de alta velocidade no Val do Maceiras o que provocou que nos últimos meses o tráfico de camións aumentara considerablemente pondo en perigo a seguridade dos veciños. Porén a Concellería de Vías e obras solicítalle a Fomento a construcción dunha beirarrúa que una as xa existentes na zona da rotonda de Vilavella coas da zona de San Estevo, un tramo de pouco mais dun quilómetro.

Institucional