ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Aprázase o concerto de Sés previsto para este sábado en Fene. As últimas medidas sanitarias impeden que sexa unha festa.
Logo das últimas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia (DOG núm. 223, do 04.11.20) para facer fronte á Covid 19, o Goberno Municipal de Fene acordou adiar para o vindeiro mes de marzo o concerto de Sés que ía ter lugar este sábado, 14 de novembro, na Praza do alcalde Ramón José Souto González. Aínda que até o último momento barallouse a posibilidade de mantelo na data prevista, “xa que estabamos en condicións de garantir un concerto seguro” e a Dirección Xeral de Saúde autorizara o aumento do aforo até as 146 persoas, finalmente o goberno municipal decidiu aprazalo “á agarda de que a situación sanitaria permita converter o concerto nunha festa á que se achegue moita máis xente de Fene e da bisbarra e contribúa a dinamizar o tecido económico do Concello”.
A mesma sorte corren os monólogos programados polo concello de Fene no ciclo "Novembro, mes do humor" que cada ano concitan numerosos público no Museo do Humor de Fene. Os monólogos aprázanse sine die. En palabras do concelleiro de Cultura, Justo Martínez Ardá, "agardaremos ao mes de decembro a ver como discurren as medidas sanitarias e a partir daí revisaremos cando podemos programalos".
Publica o teu comentario agora