O Congreso do PSdeG desenvolverase enfocado a recuperar a Xunta

O Congreso do PSdeG desenvolverase enfocado a recuperar a Xunta

19 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, avogou porque o Congreso Galego que se desenvolverá os días 10 e 11 de marzo sexa “participativo e ambicioso” e amosouse convencido que do mesmo sairá “un PSdeG forte e unido, cunha alternativa clara, definida e ambiciosa para recuperar o Goberno de Galicia”. García incidiu en que “recuperar a Xunta é o noso obxe

“Creo que hoxe calquera cidadán, aínda que sexa militante do PP, pode dicir se o analiza 20 cousas que lle quitou Feijóo, e sen embargo non ten nin unha soa na que Feijoo lle botase unha man para mellorar a súa vida”, sentenciou.

García avanzou que no Congreso Galego participarán preto de 2.000 persoas, entre os 480 delegados e delegadas -151 da Coruña, 129 de Pontevedra, 100 de Lugo, 86 de Ourense e 14 de Xuventudes Socialistas-, ademais dos invitados institucionais, colectivos, entidades e axentes sociais.

Serán dous días de traballo distribuído en cinco comisións: Economía e Territorio, Dereitos Cívicos e Sociais, Administracións Públicas, Identidade, Modelo de Partido, Normas e Estatutos, e no que se incorporarán as emendas á Ponencia Marco aprobadas.

García tamén salientou que a Ponencia Marco inclúe entre as propostas máis salientables, o fortalecemento da comisión nacional de ética; creación da comisión do control económico; concreción do réxime de incompatibilidades, a modificación e mellora da figura do simpatizante como vía para conseguir máis participación, e a posta en marcha da figura do afiliado directo, e propostas para incentivar a participación da xuventude.

PSdeG forte e unido

A preguntas dos xornalistas sobre os debates internos, García apuntou que “o debate non é sinónimo de problemas” e destacou que “o proceso congresual é sinónimo de debate, de intercambio de ideas, de propostas, agora precisamente é o momento de debater”.

“Intercambiar distintas opinións ou puntos de vista antes do Congreso, non implica que non saiamos unidos e fortes ao remate do proceso congresual, senón todo o contrario: o debate sempre fortalece ao PSOE”, sinalou.

Sociedade