O Congreso respalda a acción militar en Libia

O Congreso respalda a acción militar en Libia

22 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

"Non ten nada que ver Iraq e Libia" afirmou a ministra de Defensa Carmen Chacón en declaracións a TVE que lembrou que a intervención no pais norteafricano se realiza co respaldo da ONU e do Parlamento. O Congreso dos Deputados respaldou a decisión do goberno español de participar no ataque militar a Gadafi, cos votos contrarios de Izquierda Unida e do Bloque Nacionalista Galego. Ao remate da votación, un grupo de invitados proferiu be

Zapatero defendeu no Congreso a "legalidade" e a "lexitimidade" da intervención, que pivota en "un principio humanitario" que, en ningún caso, busca expulsar a Gadafi do país. Só hai un obxectivo: "Pór fin ao xenocidio contra o seu pobo". Con todo, xa no tempo das réplicas, deu un xiro á súa argumentación ao recoñecer que "o ideal sería o cambio de réxime político".

O deputado do BNG Francisco Jorquera explicou a oposición "a unha acción militar sobre Libia que, lonxe dunha operación de axuda á poboación civil, terá consecuencias graves e duradeiras sobre a esa mesma poboación". Para os nacionalistas "a intervención militar responde á defensa de intereses económicos e xeoestratéxicos baixo a aparencia de intervención humanitaria, en idéntica lóxica practicada por Estados Unidos e outros estados aliados en recentes e distintas localizacións do planeta". O Bloque rexeita unha resolución do Consello de Seguridade da ONU que "nace con evidentes síntomas de debilidade, que non conta co voto favorábel de estados relevantes e que permite unha intervención militar expresamente criticada por organizacións de estados da área como a Unión Africana e a Liga Árabe".

Institucional