O Consello da Cultura analiza como este 2014 pode transformar a Unión Europea

O Consello da Cultura analiza como este 2014 pode transformar a Unión Europea

13 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

As transformacións políticas de finais do século XX están a redefinir o papel dos suxeitos políticos na Unión Europea. Isto unido á crise económica, ós novos liderados e ás convulsas relacións norte-sur fan albiscar cambios no vixente modelo europeo. Móvense os marcos e cómpre atender os seus efectos. Neste sentido, o ano 2014 presenta dúas datas sinaladas que supoñen grandes desaf&iacut

O ciclo de conferencias “Desafíos políticos en Europa en 2014” celebrarase no Consello da Cultura Galega, no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela. Reproducimos a seguir o programa das catro xornadas:

Xoves, 13 de febreiro ás 17:00 h.
“O estado e a crise económica actual”
Luís Caramés, catedrático da USC.
“Balance e perspectivas competitivas de Galicia na UE”
Albino Prada, profesor de Economía da Universidade de Vigo.

Xoves, 20 de febreiro ás 17:00 h.
“A independencia de Escocia”
Michael Keating, ESRC Senior Fellow on the Future of the Uk and Scotland Programme

Martes, 25 de febreiro ás 17:00 h.
“A consulta sobre o futuro político de Catalunya e o chamado “dereito a decidir”
Carles Viver Pi-Sunyer, presidente do Consell Assessor per a la Transició Nacional desde 2013

Xoves, 27 de febreiro ás 17 h.
“Cooperación e competición no federalismo contemporáneo”
Ramón Máiz, catedrático de Ciencia Política da USC.
“Reformar a constitución, e agora que?”
Javier Pérez Royo, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Sevilla.

Institucional