O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas cualifica de “moi boa” a Añada 2009

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas cualifica de “moi boa” a Añada 2009

30 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Madrid acolleu hoxe un dos fitos fundamentais deste ano para a Denominación de Orixe Rías Baixas: a cualificación da Añada. O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, José Ramón Meiriño, foi o encargado de desvelar que o Pleno do Consello Regulador otorgou a cualificación de “moi boa” á Añada 2009, un anuncio que realizou durante a celebración dun almorzo de traballo coa prens

A presentación en Madrid da Denominación de Orixe Rías Baixas concluiu coa celebración dun túnel do viño no Hotel Urban no que participaron 58 bodegas e 85 marcas adscritas a esta Denominación de Orixe e no que se citaron máis de 1.000 profesionais do sector madrileño. 

A cualificación da colleita, que inclúe o conxunto dos caldos elaborados na Denominación de Orixe Rías Baixas, é froito dun riguroso proceso de valoración mediante análises sensoriais e fisicoquímicos de mostras representativas dos 6.610.795 litros cualificados ata o 30 de abril, o que representa máis do 45% do total da presente añada.

Segundo explicou o secretario xeral do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, Ramón Huidobro, “os Rías Baixas Albariños da Añada 2009 son uns viños moi frutais, aromáticos e axeitadamente estructurados, unhas características debidas á variedade de uva albariña predominante na súa elaboración e o axeitado momento no que se realizou a vendimia”.  

O Órgano de Control do Consello Regulador, sinalou que a colleita foi moi satisfactoria, tendo en conta que o 2009 foi moi complexo climatolóxicamente, con grandes precipitacións primaverais e con temperaturas medias máis baixas do habitual. Esta situación non impediu que brotase un alto número de xemas de poda e se producese unha importante porcentaxe de uva callada. A boa climatoloxía reinante durante o mes de setembro propiciou unha excelente evolución na maduración alcohólica da uva e no equilibrio da acidez.

Sociedade