O consistorio arzuán propón á Xunta mellorar os espazos polos que transcorre o Camiño de Santiago

O consistorio arzuán propón á Xunta mellorar os espazos polos que transcorre o Camiño de Santiago

03 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O Concello de Arzúa vén de remitir unha serie de propostas á Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Xunta de Galicia relativas á intervención en espazos públicos e en carballeiras relacionadas co Camiño de Santiago ao seu paso polo Concello de Arzúa atendendo así a petición efectuada polo Depar

Estas dúas rúas, en pleno casco antigo, contan na actualidade con grandes limitacións en canto a accesibilidade, seguridade, conservación e impacto visual por liñas aéreas. O Goberno Municipal considera que sería preciso facer un novo pavimentado na súa totalidade eliminando as barreiras ao executar toda a rúa ao mesmo nivel, sería tamén preciso o soterramento dos contedores e a dotación de todos os servizos necesarios. O Concello de Arzúa xa presentou o pasado día 4 de agosto unha memoria explicativa valorada para as melloras previstas na rúa Cima do Lugar e Rúa do Carme na Xerencia de Xestión do Plan Xacobeo.

No informe remitido á Subdirección Xeral tamén se fai constar a necesidade de acondicionar unha área de descanso na Peroxa, parroquia de Boente, e renovar o seu mobiliario. Así mesmo, tamén se propoñen actuacións nos núcleos de Boente de Arriba e Boente de Abaixo, separados únicamente pola estrada N-547, consistente principalmente na mellora do pavimento, incorporación de mobiliario urbano, enterrado de cableado e nova instalación de iluminación. Nesta mesma parroquia existe tamén unha pequena área de descanso no lugar da Ponte Brea que sería preciso acondicionar e renovar o seu mobiliario.

As propostas efectuadas polo Goberno Municipal afectan ademais ás parroquias de A Castañeda e Rendal. Na Castañeda é necesaria unha actuación no núcleo da Fraga Alta, onde se fai precisa unha ordenación do espazo da entrada á igrexa e da zona pola que discorre o Camiño neste núcleo ao igual que sucede na área de descanso do lugar de Río. No caso da parroquia de Rendal, a proposta do Goberno Municipal céntrase no soterramento de contedores de lixo no albergue de Ribadiso.

As parroquias de Burres e Santa María tamén serán obxecto de estudo de cara á execución dalgunhas das melloras propostas polo equipo de Goberno do BNG. No caso de Burres a solicitude céntrase no acondicionamento dunha franxa de terreo que queda entre o río Brandeso e o Camiño Francés, no lugar de Preguntoño, e a limpeza do propio río, creando unha pequena área de lecer. Solicítanse tamén actuacións nos núcleos de Cortobe e A Calzada que consisten, principalmente, na mellora do pavimento, incorporación de mobiliario urbano, soterramento de cableado e nova instalación de iluminación. Inclúese, ademais, a recuperación dunha fonte no Camiño Francés no lugar da Ponte Ladrón, da parroquia de Burres.

Na proposta achegada dende Arzúa salienta ademais a ordenación da Carballeira do Cruceiro de Santa María mediante o tratamento da vexetación, plantación de novos carballos, mellora das instalacións, iluminación e mobiliario, sinalización e minoración de impactos.

Unha vez que as propostas do goberno arzuán xa están en mans do persoal da Xunta de Galicia, o ideal sería que se axilizasen os trámites o máis pronto posible e se lle dese solución ás propostas efectuadas.

 

Institucional