O convenio colectivo do comercio en A Coruña faise papel mollado

O convenio colectivo do comercio en A Coruña faise papel mollado

16 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os traballadores do sector do comercio vario da provincia da Coruña mobilizáronse esta mañá en A Coruña para denunciar o paso atrás dado polos empresarios á hora de firmar o novo convenio colectivo. Ante os paros convocados para a campaña comercial do pasado Nadal, traballadores e empresarios chegaran a un acordo que está a piques de ficar en papel mollado. Álvaro Cajigal, o secretario de Organización da Federación Pro

“A situación é máis grave que a anterior, porque isto é un engano total”, láiase Cajigal quen lembra que os traballadores do comercio coruñés cederon no seu día ante as pretensións dos empresarios porque lles urxía unha actualización dos salarios. Mais agora, os sindicatos coidan que a patronal “nunca quixo asinar o convenio e si desmobilizar os paros previstos no Nadal”.

Os empregados sector do sector do comercio vario solicitaron unha nova mediación no conflito ao Consello Galego de Relacións Laborais. No entanto, convocaron unha manifestación na capital herculina para o día 26 de abril e non desbotar realizar novos paros.

Sociedade