O cuartelillo de marinería de Ferrol reconvirte o uso

O cuartelillo de marinería de Ferrol reconvirte o uso

07 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O DOG publica hoxe a orde de aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM de Ferrol no ámbito do antigo cuartelillo de marinería de Ferrol. Con este paso, o convenio subscrito entre o Concello e o Ministerio de Defensa no 2007, está agora máis preto.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a modificación temporal do Plan Xeral de Ferrol coa fin de adaptalo ás novas necesidades dos terreos nos que a día de hoxe se sitúa o Cuartel de Marinería. Con esta modificación do Plan, os máis de 1600 metros cadrados de superficie estarán dispoñibles para que bote a andar o convenio subscrito entre o Concello e o Ministerio de Defensa no 2007. este convenio ten por obxecto converter uns terreos que a día de hoxe están ocupados por un cuartel en desuso nunha zona residencial, onde o 40% das vivendas serán protexidas. Ó mesmo tempo crearanse espazos públicos, zonas deportivas e prazas de aparcamento, tanto para os residentes nos novos edificios como de dominio público.  

Sociedade