O Día das Escritoras conmemórase na biblioteca municipal

O Día das Escritoras conmemórase na biblioteca municipal
14 de Outubro, 2020 - 02:00 h. | Publicada por Radio Fene

A biblioteca municipal de Fene conmemora o Día das Escritoras cunha mostra bibliográfica.

A biblioteca Xosé María Pérez Parallé de Fene acolle unha pequena mostra bibliográfica adicada ás escritoras até o vindeiro 19 de outubro. A iniciativa encádrase na conmemoración do Día das Escritoras que promove a Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas.

A exposición amósase nesta instalación municipal de luns a venres, de 16.00 a 21.00 horas, e o sábado, de 10.00 a 13.00 horas. Dende o ano 2016, o Día das Escritoras busca reinvindicar a labor e o legado das mulleres escritoras ao longo da historia, a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras". Cada ano, esta celebraciń ten lugar o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús.

Fin do ciclo "Ler conta moito"

Organizado tamén pola biblioteca municipal de Fene, este xoves finaliza o ciclo "Ler conta moito". Nesta terceira e última sesión do programa, a compañía Ghazafellos presentará no salón de actos da Casa da Cultura, a partir das seis da tarde, o espectáculo "A máquina do tempo", dirixido a nenos e nenas de 5 a 11 anos. As prazas xa están esgotadas.

Cultura

Publica o teu comentario agora