O debuxante Álex Cal presenta un adianto da súa nova serie no Comicon de New York

O debuxante Álex Cal presenta un adianto da súa nova serie no Comicon de New York

09 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

The Stand in, así se chama este novo proxecto do historietista Álex Cal. Unha serie que constará de 4 números e que foi guionizada por Jim Krueger. De momento Cal presentou un exemplar de 12 páxinas no Comicon de New York que tivo lugar esta fin de semana. A portada está inspirada nunha ilustración de John Byrne para X-men.

 

The Stand-in narra as aventuras dun actor contratado como dobre nunha campaña electoral á Presidencia dos Estados Unidos ao que culpan dun asasinato. A serie non ten aínda data de saída ao mercado, pero na última edición do Festival de Cómic de Nova York (o Comicon, que se celebrou do 4 ao 8 de febreiro), editouse un especial de 12 páxinas que avanza o estilo do proxecto.

Cultura