O delito de conducir bébedo

O delito de conducir bébedo
22 de Febreiro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Perigosa ecuación a que forman alcol e condución. Supón un perigo para a seguridade viaria e a vida das persoas. Tamén é un delito recollido no Código Penal. Do que establece a lexislación para sancionar ás persoas que se poñen ao volante a pesar de ter consumido alcol informou en Radio Fene a avogada María Álvarez Real. 

ESCOITA O PODCAST:

Facer a proba de alcoholemia é obrigatorio. “Independentemente de que teñamos síntomas ou nos vexamos implicados nun sinistro, temos obriga como cidadáns a prestarnos a eses controis. Se nos negamos tamén estamos cometendo un delito tipificado no Código Penal e podemos ser sancionados”, advirte a letrada. Son constitutivos de delito os índices de alcol que superan os 60 miligramos por litro no aire exhalado ou a taxa en sangue maior de 1,2 gramos por litro. Nos casos de delitos leves, conducir baixo os efectos do alcol ou de substancias estupefacientes sancionase cunha pena de tres a seis meses ou multa de seis a doce meses ou traballos en beneficio da comunidade, ademais da privación do permiso de conducir entre 1 e 4 anos. A Xustiza resolve sobre estes casos con celeridade, nos chamados xuízos rápidos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora