O deporte para agosto

O concello de Fene reserva a Ximnasia ao ar libre e o Campamento lúdico deportivo para o mes de agosto.
29 de Xullo, 2019 - 02:27 h. | Publicada por Radio Fene

Acaba o Verán máis alá o mércores 31 de xullo cunha festa no Pote de Maniños. O dia 1 de agosto abre o Campamento lúdico deportivo no CMI Unidade de Fene, organizado tamén polo concello de Fene, na primeira quincena de agosto.

ESCOITA O PODCAST:

O Concello de Fene porá en marcha clases gratuítas de ximnasia de verán ao aire libre. As sesións arrancarán este xoves, 1 de agosto, e celebraranse ata o día 31 todos os luns, mércores e venres laborables en horario de 9,30 a 10,30. O escenario elixido é o paseo marítimo de San Valentín, xunto ao pavillón da Xunqueira e, no caso de choiva, as clases trasladaranse ao interior do recinto deportivo. A participación é libre e gratuíta e o programa está dirixido a persoas de todas as idades. Nas clases realizaranse actividades físicas de grupo para manter ou mellorar a condición física xeral en relación coa saúde, coordinación motriz, flexibilidade, resistencia aeróbica, forza e resistencia muscular, axilidade... e todo isto, pasando un rato agradable en grupo.

De campamento en campamento

O Verán máis Alá rematará en festa o mércores dia 31 de xullo. En palabras do monitor Marco Villar, pechan con festa en Maniños. Nos últimos días do campamento os rapaces disfrutan de actividades de contacontos, teatro, unha festa da auga ou deportes como o voleibol para afastalos un pouco do fútbol. O dia 1 de agosto, 30 rapaces e rapazas participarán no Campamento Lúdico Deportivo que organiza o concello de Fene nas instalacións do CMI Unidade de Fene. Do 1 ao 14 de agosto, de 10:30h a 14:00h os rapaces que teñen entre 4 a 12 anos participarán en actividades como xogos populares, xogos na piscina, gymkanas e mesmo unha noite de campamento o día 13 de agosto.

Deportes

Publica o teu comentario agora