O deseño do cartel de Ortigueira 2010

O deseño do cartel de Ortigueira 2010

06 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ortigueira convoca un concurso internacional de carteis anunciadores da próxima edición do Festival de Música Celta que se celebrará entre o 8 e o 11 de xullo do 2010. O gañador levará 6000 euros en metálico. Os concursantes deberán reflexar, a través de deseños inéditos, a ligazón entre o Festival do Mundo Celta e o Xacobeo.

O cartel utilizaráse para promocionar o evento que todos os anos reune a milleiros de visitantes en Ortigueira. Os participantes deberán enviar os seus traballos ao Concello de Ortigueira entre os 28 de decembro e o 8 de xaneiro.

Sociedade