O desleixo do Naval

Ana Pontón levará ao Parlamento Galego a volta á construcción naval civil na ría de Ferrol.
06 de Febreiro, 2019 - 02:03 h. | Publicada por Radio Fene

A portavoz nacional, Ana Pontón, comparecía esta mañá en rolda de prensa co candidato á Alcaldía de Ferrol e actual portavoz municipal, Iván Rivas, para falar da situación do sector naval e das inicitivas que presentará o bloque no Parlamento Galego.

ESCOITA O PODCAST:

Na nova sede do BNG, na rúa Galiano, Iván Rivas calificou a situación do sector naval como intolerable e dixo sentir vergonza allea cando as outras forzas políticas falan de Navantia. O nivel de subactividade do naval en 2017 estaba no 40% o que para Rivas significa que o que se fixo co estaleiro de Fene vaise facer co de Ferrol. “A cidade vai ser un taller de reparacións dependente do Ministerio de Defensa” concluiu.

A portavoz e deputada do BNG no Parlamento Galego anunciou que demandarán á Xunta que se implique na consecución de traballo para o sector na comarca. Reclamarán que se cumpla a lei de fomento do Sector Naval aprobada hai nove anos e que a Xunta forme parte do Consello de Administración de Navantia. Ana Pontón cre que hai que volver a demandar a construcción naval civil, afirmando que o BNG non tira a toalla. Recuperar a construcción civil de facto para acabar coa situación actual de Ferrol á cola do emprego, cunha taxa do 18% no 2018.

O potencial dos estaleiros da comarca é enorme e as alternativas políticas so traen atrancos, engadiu a voceira nacional do BNG. Non é así en Cadiz onde si hai vontade política, afirma Pontón. Citou o exemplo dos problemas que se puxeron a Barreras cando quixo construir un ferry nos estaleiros da nosa ría. Agora o retraso na construcción das fragatas vainos poñer no ano 2021. “Todo é desleixo” conclúe a deputada do BNG quen engade que “Non nos vendan máis fume diante das novas eleccións”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora