O dia 9 de novembro fállase o Premio de poesía Pérez Parallé

O dia 9 de novembro fállase o Premio de poesía Pérez Parallé

07 de Novembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Con ilusión agarda o CMI Unidade de Fene a entrega do XXV Premio de Poesía Pérez Parallé. Os actos desenvolveranse na fín de semana do 16 e 17 de novembro. O sabado 17 é o propio dia da entrega do galardón ao seu gañador-a que debe estar presente, o día no que o representante do xurado explica as razóns do merecimento. O fallo do Premio está previsto para este venres dia 9. O poemario gañador publicarase na editorial E

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, en declaracións realizadas a Radio Fene, explicou que lle gustaría anunciar neste acto a publicación do libro inédito de Pérez Parallé, tal e como se comprometera, ao coincidir o 25 cabodano do poeta do Penedo. Problemas legais impídenno de momento pero chegará o día.

O xurado, encargado de fallar esta edición do certame, estará formado por Dores Tembrás, María Rosendo e Miguel Anxo Ferán Vello. Terá que escoller entre un total dos 35 poemarios presentados a esta edición do Premio, cuxa entrega terá lugar o vindeiro 17 de novembro nunha gala que se desenvolverá nas instalacións do CMI Unidade de Fene.

Nesta XXV edición, o Premio contará por vez primeira cunha dotación económica de 500 euros ademais dunha escultura obra de Francisco Xosé Pérez Porto e a edición do poemario na editorial Espiral Maior.

O acto do dia 17 culminará coa actuación do Coro da Rá, de Santiago de Compostela. Pero os actos do Premio de poesía comenzan no CMI o día anterior, o venres 16 con teatro e música, a cargo de duas agrupacións da Sociedade; a Escola de teatro Xosémaría P.P. Que representará unha peza preparada para a ocasión: “As bruxas das Penas de Montille” e a actuación da Rondalla Estrelecer.

Sociedade